Appel à communications > Galego

O panhispanismo : tensións, desviacións, encontros

O termo panhispanismo apareceu uns decenios despois dos seus análogos panxermanismo, paneslavismo ou panlatinismo, au tempo en que España perdía as súas derradeiras posesións ultramarinas. Ao longo do século XX, a verba conviviu con outras relativamente achegadas, como hispanoamericanismo, iberoamericanismo, hispanismo ou mesmo hispanidad, palabras con significado máis restrinxido, tales como hispanoafricanismo ou hispanoxudaísmo, ou aínda outras alternativos como pancatalanismo ou paniberismo. O termo panhispanismo sempre fixo referencia á lingua en tanto ista constitúe o común denominador d'un conxunto de territorios nos que se emprega o español de xeito máis ou menos preponderante. Reapareceu con forza no primeiro Congreso de Instituciones Hispánicas, celebrado en Madrid, en 1963, o termo panhismanismo retorna se cadra con máis vigor en 2004. Foi o ano do III Congreso Internacional de la Lengua Española, organizado polo Instituto Cervantes, a Real Academia Española (RAE) e a Asociación de Academias de la Lengua Española (ASALE), adicado á identidade lingüística e globalización, e tamén o da publicación do fascículo La nueva política lingüística panhispánica, no que ámbalas dúas institucións redefinían a súa política lingüística. A partir de aí, a RAE et a ASALE xa non perseguirían a pureza da lingua senón a súa unidade, único aspecto que permitiría « falar de comunidade hispanofalante » sen rexeitar por elo as « variedades internas » do idioma e a súa « evolución ».

O obxectivo do próximo simposio internacional da SHF é o nos interrogarmos, debatir e dialogar, a partir de achegamentos e perspectivas variadas, acerca da noción et da realidade do panhispanismo. De feito, o termo é cada vez máis convocado nos discursos das institucións dedicadas á lingua e á cultura hispánicas, así como nos discursos das personalidades públicas, prensa, ensino e, obviamente, nas investigacións sobre a historia máis ou menos recente dos mundos hispanofalantes. Tal e como testemuñan as investigacións actuais, a noción e a realidade do panhispanismo vense suxeitas a tensións, desviacións e encontros varios : xunto con outras linguas das chamadas indíxenas, vernáculas, rexionais ou minorizadas dos diferentes espazos e territorios, pero tamén coa lingua inglesa, ou coas variedades do propio español : as políticas lingüísticas, públicas, especialmente nos países atinxidos ; as políticas memorialistas e a memoria dos pobos en xeral ; o ensino da lingua, quer coma lingua autóctona ou extranxeira ; a creación literaria, a escritura científica, xornalística e a edición ; os retos de internet, as redes sociais e outras tecnoloxías da comunicación… O hispanismo, o lusitanismo, o galleguismo, o catalanismo ou o americanismo vense atinxidos por esta temática, que se declinará en varias disciplinas : lexicografía, dialectoloxía, traductoloxía, didáctica da lingua, análise do discurso, glotopolítica, sociolingüística, civilización, estudos culturais, postcoloniais, cinematográficos e historia en xeral.

Personnes connectées : 2 Flux RSS | Vie privée
Chargement...